José L. Dasilva N.

De los cuadernos de un soñador

En tiempo de navidad, un villancico


Unha neniña descalza
e tres peregrinos
van busca-la luz do mundo

I

Dende a vila, costa arriba.
Costa abaixo dende Renza.
Entre antigas corredoiras
entre casiñas de pedra
pudo nacer aquel neno
igual que en Belén nacera.

Porque Belén está eiquí:
onde tí pensalo queiras
en Santa Mariña, o Piñeiro
en Fontecarmoa ou Xunqueira.

Dende a vila, costa arriba
costa abaixo dende Renza,
á veira de algún camiño
que atravesa o Piñeiriño
e leva os aires da ría
ata os cumes de Lobeira.

En Santa Mariña, o Piñeiro
en Fontecarmoa ou Xunqueira,
un Belén en todas partes:
onde se pense ou se queira.

II
(Unha neniña descalza)

Baixando vén dende a fonte.
Baixando vén polo camiño
Unha neniña descalza
baixando vén polo camiño

Nunha tarteiriña vella
auguiña leva para o meniño
(baixando ven polo camiño).

Unha estreliña de ouro
vai-lle alumando pola vereda.
Porque esta e unha noite escura
vai-lle alumando pola vereda

ata o portal onde a Virxe
sorrindo ó mundo seu froito entrega.
(vai-lle alumando pola vereda).

III
(Tres peregrinos)

Dende o alto daquel monte
baixando veñen tres peregrinos.
Seguindo un soño na noite
baixando veñen tres peregrinos.

Van busca-lo Rei de reises
que nesta terra xa ten nacido.
(veñen baixando tres peregrinos).

Unha estreliña de ouro
vai-lle alumando polo camiño.
Porque non perdan seu rumbo
vai-lle alumando polo camiño

ata o portal onde durme
a caron do lume aquel meniño.
(Baixando veñen tres peregrinos).

IV
(A luz do mundo)

Nun berce de follas secas
está deitado aquel meniño.
¡Tan pequeniño seu corpo
e con tan grande destiño!:

trae-la paz a este mundo
cheo de odios, cheo de guerras
(cheo de dores e de miserias).

A luz do mundo descansa
na claridade dos seus olliños.
Das suas mans xurde a espranza
dun tempo novo, dun novo ensino

Veñan de toda-las partes
homes, mulleres, pobres e ricos
porque o que nace esta noite
e vida, verdade, luz e camiño.

(Porque o que no berce durme
e vida, verdade, luz e camiño).

A modo de editorial... Navidad 1997


E-mail: jldasilva@arrakis.es

PoeSite
INDICE