Arte,Arte,Arte...                                     por
Segunda muestra de

J. Aragunde


Para obtener imágenes a mayor tamaño y/o información acerca de las obras expuestas, escribir a joldan@arrakis.es o directamente a la dirección personal de Javier Aragunde (loureiro_14@yahoo.es)
Página
anterior
Silandeiro polos montes
preto de Vilagarcía
vou lembrando a Rosalía
-"Adios ríos, adios fontes"
As follas novas corean...
-"Adios regatos pequenos"
i ó son do meu pensamento
un salaio engade o vento
-"non sei cando nos veremos"



Posuida dun meigallo
a lua, pandereteira,
con ritmo de muiñeira
baila sobre dun carballo

¡Ai miña lua de maio!
miña lua feiticeira
que vas deixando na leira
beixos e alalás de orballo

¿dime ti que ibas conmigo
onde deixei esquecidos
aqueles soños que foran
semente das miñas loitas
alento do meu traballo? ...



dende lonxe

Non sei qué tes miña terra
non sei qué tes queridiña
que a mais eu tento esquecerte
tanto mais ti te me aniñas
neste curruncho do peito
entre alalás e cantigas
onde semento soidades
e florécenme morriñas ...

Non sei que tes que te penso
i, en pensándote, unha bagoa
sal dista fonte esquecida
na percura doutro tempo
doutros aires, doutros soños
quizais tamén, doutra vida
por entre os aires perdida
nos ceos da emigración.


Pola vereda dos tempos
camiñan hoxe mais onte
as claras augas da fonte
i o novo sol do mencer.

Nalgún curruncho do mundo
cantan os galos na noite
polo día que xa vén.


Ás veces quixera ter
as liberdades do vento
ir rebuldar de contento
co millo nalgunha eira
i logo achegarme á veira
dalgunha fonte a beber...


Funme chegando na noite
(na noite pecha)
ata o seu corpo.
Fora zoaba o vento
(na noite pecha)
do inverno noso.
Faleille dos anxos
das fadas, das meigas
faleille dos nosos contos.
Faleille da terra
e de tantos labregos mortos.
Faloume de amores e dixo:
"semente somos dun froito novo
semente que espalla o vento
polas ribeiras dun verde soño;
semente de verbas,
de flores por antre o toxo;
semente de lua
na noite do inverno noso".
(1990)

José L. Dasilva
Crucero 3
(50 cm X 61 cm)
Crucero 6
(46 cm X 61 cm)
Paso a nivel
(41 cm X 33 cm)
Invierno
(24 cm X 33 cm)
Soportales
(140 cm X 95 cm)
Primera Muestra

Para obtener imágenes a mayor tamaño y/o información acerca de las obras expuestas, escribir a joldan@arrakis.es


Comunidade virtual galega